martes, 9 de marzo de 2010

Ampliación del bar-cafetería del Hospital Materno Infantil... ¿a costa de lo que sea?

Hace unos días recibí este correo... y tuve que leerlo varias veces (y no porque estuviese en gallego, no; hoy los tiros no van por ahí). Me da pena (y verguenza; dice mucho de nuestros políticos, otra vez, y no es muy positivo, desde luego) que se haya cerrado la Unidad de Educación maternal del hospital Materno. Yo no sé nada, no entiendo nada... ¿cómo se puede permitir algo así sin dar una solución a la parte afectada?. Hoy sobran mis palabras. Sólo con leer lo que me enviaron es suficiente. ¿Hacia dónde va esta sociedad? ¿Qué gobierno autonómico nos guía? ¿Sólo cabía esta posibilidad? ¿Y el Papa? ¿Sabe esto el Papa? ¿Y la iglesia católica apostólica y romana? las mujeres necesitan el consejo y apoyo de otras mujeres (y de sus parejas, por supuesto) antes, durante y después del embarazo. pero claro, los señores curas de eso no entienden... o no quieren entender. nadie ha dicho nada (que yo sepa) sobre este tema. penoso. Que venga el Papa, eso sí, que venga el Papa y que vea lo bonito que es Santiago, la catedral, el pórtico de la Gloria... y la ostia bendita.

ANTE O PECHE DA UNIDADE DE EDUCACIÓN MATERNAL

Tivemos coñecemento por medio da prensa de que o día 1 de Marzo péchase a Unidade de Educación Maternal do Hospital Materno Infantil Teresa Herrera de A Coruña, coa única razón de ampliar a cafetería. Dende a asociación "Kanguras, Criando en Brazos" (asociación para o apoio á crianza, nos seus diferentes aspectos) facémonos eco da protesta que comezou a asociación de apoio á lactación Criando, e que tamén secunda ALMA LACTANCIA. Queremos, ademais, subliñar o significado deste peche e expoñer os motivos polos que esiximos á Xunta de Galicia e SERGAS que mude a unidade a outro sitio en lugar de pecharse definitivamente.

Dos servizos prestados nesta unidade mantéñense unicamente os grupos de preparto nos Centros de Saúde San Xosé e Os Maios.

Pérdense definitivamente os grupos de posparto (con todo o que leva consigo: exercicios de recuperación ?solo pélvico e outros-, os primeiros meses do neno ?puericultura, situacións de emerxencia máis frecuentes, alimentación complementaria, masaxe, gateo, vivencias acuáticas?- apoio á lactación materna). Tamén se perden os programas da menopausa, incontinencia? Non se muda todo isto a ningún outro centro. Simplemente desaparece.

Nun principio hai un compromiso da Consellería de que todo isto se asuma dende Atención Primaria, aínda que non será así, xa que o que caracterizaba a esta unidade era a atención inmediata, cando o problema estase a producir. Unha mala postura ó mamar, unha ingurxitación, deben ser atendidas no momento, non poden quedar pendentes dunha cita, e esa atención inmediata é o que non se vai producir.

Tampouco está claro que se vaian formar grupos para isto. A existencia dos grupos é fundamental, non se trata de aulas se non de traballar sobre situación concretas, aprendemos sobre a práctica, unas nais (familia, mulleres, homes) axudamos a outras e somos axudados, sérvenos como aprendizaxe coñecer de primeira man as situación nas que se atoparon cos seus corpos, cos seus fillos, coas súas emocións, súas dúbidas e as desesperacións que che entran ás veces cando tes un neno pequeno nas túas mans, cando o teu corpo comportase coma nunca antes, moitas veces por vez primeira, con frecuencia sen referentes próximos, e como esas outras persoas o afrontaron; é insubstituíbel a sensación de confianza, de seguridade que da ter un lugar ó que acudir cando se presenta unha situación así sabendo que vas ser atendida, que hai outras persoas que xa pasaron pola mesma situación ou pódense poñer no teu caso e van a dedicarche o tempo, paciencia e a sabedoría que da a experiencia en carne propia a axudarte? Non hai nada que substitúa iso. Iso non se resolve nunha consulta.

O área de influenza do C.H.U.A.C. abrangue 28 concellos, non poucas persoas quédanse sen esta atención. O peche da Unidade no Teresa Herrera é unha decisión tomada. Pero no Centro de Saúde San Xosé hai aulas que neste momento estanse utilizando as tardes dos martes e xoves polo grupo de preparto, e o resto de tardes pola asociación de apoio á lactancia Criando. Durante as mañáns esas aulas non se utilizan e a Unidade podería ser trasladada alí. Hai o lugar, hai o persoal, hai disposición pola súa parte para o traslado, non se entende cal é o problema para non facelo.

Unha mala recuperación do solo pélvico son relación sexuais dolorosas e un posible descolgamento de matriz nun futuro ca súa conseguinte operación; unha ingurxitación mamaria pode supoñer o abandono dunha lactación exitosa con todo o que isto supón, non contar coa información e o apoio desta Unidade supón innumerables visitas angustiosas a Urxencias, pediatría ou xinecoloxía por problemas que terían solucionado facilmente na casa tendo a información que en Educación Maternal estase a dar. Isto non son só problemas para as nais, súfrenos tamén os país, preocúpanse os avós, os amigos, os que rodean a unha familia con una xestante, cun bebé, cunha muller mal recuperada dun mal parto. Non comprendemos o criterio para a supresión deste servizo, nin sequera supón un recorte de gastos. Non é ningunha parvada a labor que aí se leva a cabo.

Por todos estes motivos e xa que a solución é sinxela, esiximos que a Unidade de Educación Maternal trasládese ó Centro de Saúde San Xosé de forma inmediata para que non se interrompan sequera os grupos que agora mesmo están e marcha, e confiamos en que a Consellería de Sanidade, na súa política de mellora da calidade do servizo, fomenten non unha, se non moitas destas unidades para que o maior número de persoas poidan recibir esta formación e apoio.

A ver si alguien toma nota (esto ya lo digo yo).

1 comentario:

  1. TU BLOG SI QUE ES LA OSTIA BENDITA, CRACK!!
    SIGUE ASI!!

    ResponderEliminar